sábado, 2 de marzo de 2013

Visita ao MARCO

O pasado día 20 de decembro, a nosa clase fixo unha saída ao MARCO, o Museo de Arte Contemporánea de Vigo, que depende co Concello da nosa cidade e que polo tanto é completamente gratuíto, o que supón unha gran vantaxes para os amantes da arte coma eu.


A exposición que fomos visitar, e que permanecerá aberta ata o 31 de marzo, recibe o nome de A Balea Negra, pola cor que xa todos coñecemos do fuel e que asociamos a esta traxedia. O proxecto xorde como conmemoración do décimo aniversaio da apertura do Museo, que coincide coa data do afundimento do buque Prestige o 13 de novembro do 2002. A exposición recolle un feixe de material documental como prensa, fotografías, obxectos... ademais de obras de todo tipo onde atoparemos pintura, escultura, video, debuxo ou instalacións. Todas estas aportacións permítennos rememorar aqueles días convulsos na nosa historia e que fan desta data unha das máis recordadas por todos, sobre todo cunha gran incidencia aquí en Galicia, xa que non únicamente supuxo unha gran crise medioambiental senón que tamén foi ligada a unha crise política e unha gran controversia da opinión pública.

Ademais de recordarmos este sentimento do NUNCA MÁIS que uniu non tan só ao pobo galego, senón a moitos países de todo o mundo, a exposición tamén aborda outros temas como a explotación da natureza, o comercio martítimo, a globalización, a outra cara do progreso, os movementos sociais ou a guerra.

Nesta visita, coa axuda das guías puidemos entender o sentido da exposición e sentila máis de cerca. Dentro do museo, podemos atopar diversas obras de arte, pero persoalmente eu quero destacar algunhas:


Esta é a primeira obra que atopamos na entrada. Unha obra a primeira vista un tanto peculiar e que a primeira vez que a vin non a entendín moi ben, pero que cando te paras a observar, escoitar e sentir, a comprendes perfectamente, e que á fin e ao cabo, niso consiste o arte. A obra de Damián Ortega, recibe o nome de Movemento en falso (equilibrio e sostenibilidade económica). Esta escultura, polo menos ao meu parecer, reflicte a nosa dependencia do petróleo e a fraxilidade deste modelo.



A fotografía da esquerda tan só reflexa unha parte do que eu me quero referir. Do que falo é da cantidade de documentación que foi recollida para esta exposición e que outra vez reflicte a gran  repercusión mediática que tivo.





Este é un ensaio fotográfico de 200 imaxes que verdadeiramente impactoume moito pois mostra a outra cara do "progreso" e fainos reflexionar sobre o que moitas veces esquecemos e é que para que nos podamos ter todos os luxos dos que gozamos, e entendamos por luxo simplemente auga limpa, hai outra cara da moeda que o está pagando. O vídeo concretamente mostra a costa de Nixeria, onde atopouse petróleo, o que debería supor unha gran riqueza para a zona, pero unha vez máis a riqueza só pertence a uns poucos mentres que os demais soportan esta situación que na sociedade avanzada e igualitaria da que presumimos non debería ter cabida.


Este é un filme de 50 minutos chamado Lessons of Darkness e tamén pareceume realmente impactante. O video fala da presencia dos Estados Unidos en Oriente Medio pero aludindo á exposición. Deste xeito, amósanse impresionantes imaxes nas que vese como o exército iraquí incendiou os seus pozos de petróleo para que os estadounidenses non puidesen sacar partido deles e ocasionou outra situación de desastre natural pero que contrasta coa de Galicia, xa que está marcada pola avaricia e un descontrol político, que dalgunha forma nos deixan estas imaxes moito máis violentas.


Estas foron algunhas das obras das que quixen falar aquí pero houbo outras tantas que tamén gustáronme moito. Pareceume unha exposición verdadeiramente interesante e cargada de sentimento polo que recomendo a todo o mundo que vaia vela. Eu persoalmente, xa fun 3 veces e en cada unha das miñas visitas descubrín  un novo sentimento, un novo punto de vista, unha nova forma de entender toda esta historia e de sentila aínda máis se cabe. Aquí vos deixo o vídeo de introdución da exposición, un video impactante e espeluznante que espero vos guste e vos anime a visitala.



No hay comentarios:

Publicar un comentario