Eu escollín falar nesta entrada, sobre unha das miñas series favoritas: Friends, a popular e divertida comedia dos 90. A serie, de orixe estadounidense, creada e producida por Marta Kauffman e David Crane, emitiuse por primeria vez o 22 de setembro de 1994 e rematou o 6 de maio de 2004, nada menos que dez anos de emisión nos que mantivo o mesmo espírito cómico de sempre. A serie narra as aventuras dun grupo de seis amigos que viven en Manhattan, Nova York, e que a pesar das circunstancias que se van prsentando na súa vida, a amizade os manten unidos. Estes seis amigos protagonistas da serie son:
Jennifer Aniston encarna a Rachel Green, unha moza consentida, que deixa esta vida para traballar e gañar o seu propio soldo no mundo da moda. Incapaz de concentrarse no que non lle interesa, é amiga de Mónica dende a infancia e mantén unha relación con Ross ao longo da serie.
Courteney Cox interpreta a Monica Geller, unha chef profesional, amante da orde e a limpeza, que adora ser a anfitriona e eficaz en todo o que fai. É a irmá de Ross e mantén unha relación con Chandler co que finalmente se casa e adoptan varios fillos.
Lisa Kudrow fai o papel de Phoebe Buffay, unha moza vexetariana que traballa como maxasista aínda que gústalle tocar a guitarra. É a máis alocada, distraída e divertida do grupo e a pesar de que pasou a súa adolescencia robando na rúa, é moi inocente e cariñosa.
Matt LeBlanc interpreta a Joey Tribbiani, de orixe ítaloamericana, é o menos intelixente do grupo, muxeriego e adora a comida. Gáñase a vida como actor protagonizando anuncios, obras de teatro ou telenovelas. Xunto con Phoebe, aportan o toque máis humorístico.
Matthew Perry desempeña o papel de Chandler Bing, un personaxe cunha traumática infancia. É o sarcástico do grupo, comeza traballando nun traballo que odia e o abandona pola súa pasión: a publicidade. Foi compañeiro de Ross na Universidade e é o marido de Monica.
David Schwimmer fai o papel de Ross Geller, o irmán maior de Monica. É doctor en paleontología e na serie traballa nun museo e como profesor. Ao longo da serie mantén varias relacións e cásase tres veces, pero o seu amor verdadeiro é Rachel, coa finalmente casa.
Esta serie da que seguro tedes visto algún episodio, tivo unha gran importancia e conseguiu facer rir e chorar coas historias dos seis amigos a millóns de persoas. Proba disto, é que o último capítulo da serie foi retransmitido nunha pantalla xigante en Nova York, onde a serie e os seus actores despedíronse entre choros e lágrimas cunha audiencia de entre 50 e 60 millóns de espectadores, o que a sitúa como un dos 33 especiais máis vistos da historia.
Por agora é a sitcom máis vista na historia da televisión aínda que o posto lle está sendo disputado por The Big Bang Theory, outra gran serie, o que non lle quita mérito a esta que leva anos ocupando este posto. Por todos estes motivos e que eu crecín ao seu lado, vivindo con eles as súas historias, quero mencionala hoxe como unha gran serie de entretemento e comedia. Déixovos aquí a intro da serie, coa coñecida banda sonora I'll be there for you do grupo The Rembrandts, creada especialmente para a serie ademais dalgúns enlaces de interese:

No hay comentarios:
Publicar un comentario