Aquí adxunto un artigo que trata sobre os dereitos dos nenos menores de 14 anos con respecto aos seus datos e a súa protección, cando todavía os seus pais interveñen no seu control: Protección de datos dos nenos menos de 14 anos e os seus pais.
Despois de ler o artigo, cómpre tratar outro apartado: o cumplimento da Lei de Protección de Datos nos colexios que suben imaxes a súa páxina web sobre as actividades do centro. Actualmente, segundo a situación do colexio podemos atoparnos con tres casos distintos:
Primeiro, podemos atoparnos con centros que directamente non suben fotos a páxina web do centro para evitar posibles reclamacións dos pais que non autoricen aos seus fillos para publicar as fotos. Outros centros en cambio suben as imaxes de forma "ilegal" sen o consentimento escrito polos pais. Por último, outros centros autorizan o subir fotos a páxina do centro no momento no que se realiza a matrícula, como no noso centro.
De todas estas opcións, unha das mellores considero que é a terceira pois o centro non pode ser denunciado e ten o permiso dos pais. As outras dúas opcións responden a mala aplicación da Lei de Protección de Datos, de xeito que unha vez fartos, os centros optan por subir as imaxes sen permiso ou directamente, non subilas.
Esta situación provén, unha vez máis da incapacidade da sociedade para diferenciar e da tendencia aos extremos. Por suposto que hai que ter moitísimo coidado cos teus datos, sobre todo en internet, xa que constitúen á túa imaxe pública e é comprensible a preocupación dos pais cos casos de acoso e outros que vense nas noticias. O problema é que extrapolamos isto aos colexios, e agora resulta que está mal visto que suban unha foto do teu fillo cos seus amigos celebrando o entroido pois podería verse perxudicado, o que nos fai pensar: como con fotos deste tipo, publicadas por un organismo como un colexio, poden afectarnos negativamente?
Persoalmente, eu daría o consentimento para que os meus fillos saísen nestas fotografías xa que considero que non lle farían ningún mal, pero hai opinións para todo e cada un é libre de escoller, simplemente cómpre pararse a pensar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario