Se fose legal o show de Truman, que parte de resposabilidade tería a audiencia na existencia desde programa?
Nos atopamos nunha sociedade na que moita xente desexa ver a intimidade dos demáis ou na que os medios de comunicación fan negocio con iso? Nos últimos anos proliferou a creación e evolución dos "relity show" e a TV- lixo, claros exmeplos como Gran Hermano ou Sálvame, véñeno constatar.
Parece que nunha sociedade que a miúdo só entende de extremos, pasemos de cohibir a liberdade e duns valores anticuados, á venda completa da nosa intimidade. Non estamos falando de que a venda da túa intimidade sexa malo ou non, iso depende do teu xuízo e es libre de escoller. Os programas dos que estamos a falar, mostran a vida das persoas e a súa intimidade, pero non botémoslle a culpa aos medios de comunicación desta TV-lixo, non reside neles o peso desta causa.
Evidentemente, os medios teñen un papel autocensurador, de xeito que non poden emitir o que lles veña en gaña por moito que esté apoiado pola audiencia; pero tras a posta en marcha dun programa, a súa vixencia en pantalla depende da súa audiencia, da súa demanda. De forma que cada día que pasa, atopámonos con máis programas deste tipo que fan fronte a gran demanda da xente que moitas veces prefire ver a vida doutras persoas ca súa, o cal podemos entender de dúas formas: por unha parte podemos entender, xente cotilla que quere saber o que lle acontece a cada persoa no seu ámbito privado ou persoas que desexan evadirse da súa realidade e que como di Cristof "el programa proporciona esperanza y felicidad a millones de personas", pois a través destes programas esquecen os seus problemas.

Se o pensamos ben, esta é unha gran vantaxe por exemplo para os gobernos, pois mentres a sociedade e a calidade da vida das persoas empeoran, éstas distraénse e tratan de esquecer os problemas que as rodean por medio destes programas.
Sexa como sexa, a verdade é que a escolla do que ves na televisión é completamente libre, o que nos garante a diversidade de opinión e de programas de entreteñemento; se cabe, sobre o que teríamos que reflexionar é sobre a cuestión ética e moral que supón a venda da intimidade, o por qué de que tanta xente mire estos programas e se este comportamente poderíanos levar ao extremo de crear algo semellante ao Show de Truman.

No hay comentarios:
Publicar un comentario