Procrastinar, un verbo do cal pode que moitos non sepan o seu significado pero do que seguro que máis dun o realiza todolos días. Este verbo procede do latín pro ("adiante") e crastinare ("referente ao futuro"), polo tanto é a acción ou hábito de postergar actividades que deben ser atendidas por outras irrelevantes máis agradables. O que isto ven dicir é que cando temos que facer algo, un traballo por exemplo, adoitamos distraermos por mor doutras actividades banais que proporciónannos a excusa perfecta para non traballar, como comer, ver a televisión ou xogar no ordenador.
Sen ir máis lonxe, este verbo correspóndese co tópico de deixar todo para o último día, e isto é o que quere dicir, algo que todos facemos e, quen pode dicir que tras dúas semanas de vacacións non rematou facéndoo todo a víspera pola noite? Esta conducta pouco recomendable pero tremendamente extendida, adoita traer como consecuencia un traballo peor realizado, feito a correr e falta de horas de sono. Dígoo por propia experiencia, pois o exemplo máis claro e cercano de procrastinación é a data na que esta entrada tería que facela e aquí estou a día 10 de marzo facéndoa cun mes de retraso. O meu castigo:

No hay comentarios:
Publicar un comentario