viernes, 15 de marzo de 2013

Video IV: Chiste

Este video é o resultado da proposta que se nos fixo en clase sobre gravar unha entrevista utilizando a regra dos tercios e mantendo un encadre duns 30º respecto ó entrevistado. No noso caso, o compañeiro Pedro, xa coñecido por outros videos decidiu contarnos un chiste. Conseguirá sacarche unha gargallada?

Video III: Storyboard

Este tipo de videos recibe o nome de storyboard. Que é un storyboard? Vexamos, é unha planificación mediante un conxunto de ilustracións en secuencia que se adoita facer antes dunha gravación e que nos serve para coñecer os detalles máis importantes. Neste caso, nós fixemos un no que un mozo dalle unha patada a un balón de baloncesto e consegue encestar, aproveitando que podemos xogar coas imaxes para que pareza real. Tras unir todas as imaxes e engadirlle música, este é o resultado:

Video II: Historia de amor, segunda parte

Para facer este video utilizamos a secuencia da entrada anterior e a unimos con outra nova, ca que garda unha relación temporal, e que nos conta como remata esta historia de amor de dous xoves. Aquí a tedes, que vos guste!

Video I: Historia de amor

Nesta entrada atopamos un video, coas súas respectivas modificacións ao engadirlle distintos filtros no editor de Youtube. O corto mostra unha secuencia única na que un mozo e unha moza se enamoran. O video foi gravado no noso instituto por min, interpretado polos meus compañeiros Pedro e Carla e editado entre todos. Durante a edición, engadíronselle varios filtros, música e unha explicación inicial sobre o tema que trata. Espero que vos guste.





miércoles, 13 de marzo de 2013

Axencia de protección de datos e os menores de 14

Aquí adxunto un artigo que trata sobre os dereitos dos nenos menores de 14 anos con respecto aos seus datos e a súa protección, cando todavía os seus pais interveñen no seu control:  Protección de datos dos nenos menos de 14 anos e os seus pais

Despois de ler o artigo, cómpre tratar outro apartado: o cumplimento da Lei de Protección de Datos nos colexios que suben imaxes a súa páxina web sobre as actividades do centro. Actualmente, segundo a situación do colexio podemos atoparnos con tres casos distintos:

Primeiro, podemos atoparnos con centros que directamente non suben fotos a páxina web do centro para evitar posibles reclamacións dos pais que non autoricen aos seus fillos para publicar as fotos. Outros centros en cambio suben as imaxes de forma "ilegal" sen o consentimento escrito polos pais. Por último, outros centros autorizan o subir fotos a páxina do centro no momento no que se realiza a matrícula, como no noso centro. 

De todas estas opcións, unha das mellores considero que é a terceira pois o centro non pode ser denunciado e ten o permiso dos pais. As outras dúas opcións responden a mala aplicación da Lei de Protección de Datos, de xeito que unha vez fartos, os centros optan por subir as imaxes sen permiso ou directamente, non subilas.

Esta situación provén, unha vez máis da incapacidade da sociedade para diferenciar e da tendencia aos extremos. Por suposto que hai que ter moitísimo coidado cos teus datos, sobre todo en internet, xa que constitúen á túa imaxe pública e é comprensible a preocupación dos pais cos casos de acoso e outros que vense nas noticias. O problema é que extrapolamos isto aos colexios, e agora resulta que está mal visto que suban unha foto do teu fillo cos seus amigos celebrando o entroido pois podería verse perxudicado, o que nos fai pensar: como con fotos deste tipo, publicadas por un organismo como un colexio, poden afectarnos negativamente?

Persoalmente, eu daría o consentimento para que os meus fillos saísen nestas fotografías xa que considero que non lle farían ningún mal, pero hai opinións para todo e cada un é libre de escoller, simplemente cómpre pararse a pensar. 

martes, 12 de marzo de 2013

FRIENDS


Eu escollín falar nesta entrada, sobre unha das miñas series favoritas: Friends, a popular e divertida comedia dos 90. A serie, de orixe estadounidense, creada e producida por Marta Kauffman e David Crane, emitiuse por primeria vez o 22 de setembro de 1994 e rematou o 6 de maio de 2004, nada menos que dez anos de emisión nos que mantivo o mesmo espírito cómico de sempre. A serie narra as aventuras dun grupo de seis amigos que viven en Manhattan, Nova York, e que a pesar das circunstancias que se van prsentando na súa vida, a amizade os manten unidos. Estes seis amigos protagonistas da serie son:




Jennifer Aniston encarna a Rachel Green, unha moza consentida, que deixa esta vida para traballar e gañar o seu propio soldo no mundo da moda. Incapaz de concentrarse no que non lle interesa, é amiga de Mónica dende a infancia e mantén unha relación con Ross ao longo da serie.








Courteney Cox interpreta a Monica Geller, unha chef profesional, amante da orde e a limpeza, que adora ser a anfitriona e eficaz en todo o que fai. É a irmá de Ross e mantén unha relación con Chandler co que finalmente se casa e adoptan varios fillos.








Lisa Kudrow  fai o papel de Phoebe Buffay, unha moza vexetariana que traballa como maxasista aínda que gústalle tocar a guitarra. É a máis alocada, distraída e divertida do grupo e a pesar de que pasou a súa adolescencia robando na rúa, é moi inocente e cariñosa.







Matt LeBlanc interpreta a Joey Tribbiani, de orixe ítaloamericana, é o menos intelixente do grupo, muxeriego e adora a comida. Gáñase a vida como actor protagonizando anuncios, obras de teatro ou telenovelas. Xunto con Phoebe, aportan o toque máis humorístico.







Matthew Perry desempeña o papel de Chandler Bing, un personaxe cunha traumática infancia. É o sarcástico do grupo, comeza traballando nun traballo que odia e o abandona pola súa pasión: a publicidade. Foi compañeiro de Ross na Universidade e é o marido de Monica.







David Schwimmer  fai o papel de Ross Geller, o irmán maior de Monica. É doctor en paleontología e na serie traballa nun museo e como profesor. Ao longo da serie mantén varias relacións e cásase tres veces, pero o seu amor verdadeiro é Rachel, coa finalmente casa.




Esta serie da que seguro tedes visto algún episodio, tivo unha gran importancia e conseguiu facer rir e chorar coas historias dos seis amigos a millóns de persoas. Proba disto, é que o último capítulo da serie foi retransmitido nunha pantalla xigante en Nova York, onde a serie e os seus actores despedíronse entre choros e lágrimas cunha audiencia de entre 50 e 60 millóns de espectadores, o que a sitúa como un dos 33 especiais máis vistos da historia. 
Por agora é a sitcom máis vista na historia da televisión aínda que o posto lle está sendo disputado por The Big Bang Theory, outra gran serie, o que non lle quita mérito a esta que leva anos ocupando este posto. Por todos estes motivos e que eu crecín ao seu lado, vivindo con eles as súas historias, quero mencionala hoxe como unha gran serie de entretemento e comedia. Déixovos aquí a intro da serie, coa coñecida banda sonora I'll be there for you do grupo The Rembrandts, creada especialmente para a serie ademais dalgúns enlaces de interese:





lunes, 11 de marzo de 2013

O Show de Truman (parte 3)

Se fose legal o show de Truman, que parte de resposabilidade tería a audiencia na existencia desde programa? 


Nos atopamos nunha sociedade na que moita xente desexa ver a intimidade dos demáis ou na que os medios de comunicación fan negocio con iso? Nos últimos anos proliferou a creación e evolución dos "relity show" e a TV- lixo, claros exmeplos como Gran Hermano ou Sálvame, véñeno constatar. 

Parece que nunha sociedade que a miúdo só entende de extremos, pasemos de cohibir a liberdade e duns valores anticuados, á venda completa da nosa intimidade. Non estamos falando de que a venda da túa intimidade sexa malo ou non, iso depende do teu xuízo e es libre de escoller. Os programas dos que estamos a falar, mostran a vida das persoas e a súa intimidade, pero non botémoslle a culpa aos medios de comunicación desta TV-lixo, non reside neles o peso desta causa. 

Evidentemente, os medios teñen un papel autocensurador, de xeito que non poden emitir o que lles veña en gaña por moito que esté apoiado pola audiencia; pero tras a posta en marcha dun programa, a súa vixencia en pantalla depende da súa audiencia, da súa demanda. De forma que cada día que pasa, atopámonos con máis programas deste tipo que fan fronte a gran demanda da xente que moitas veces prefire ver a vida doutras persoas ca súa, o cal podemos entender de dúas formas: por unha parte podemos entender, xente cotilla que quere saber o que lle acontece a cada persoa no seu ámbito privado ou persoas que desexan evadirse da súa realidade e que como di Cristof "el programa proporciona esperanza y felicidad a millones de personas", pois a través destes programas esquecen os seus problemas. 

Se o pensamos ben, esta é unha gran vantaxe por exemplo para os gobernos, pois mentres a sociedade e a calidade da vida das persoas empeoran, éstas distraénse e tratan de esquecer os problemas que as rodean por medio destes programas.

Sexa como sexa, a verdade é que a escolla do que ves na televisión é completamente libre, o que nos garante a diversidade de opinión e de programas de entreteñemento; se cabe, sobre o que teríamos que reflexionar é sobre a cuestión ética e moral que supón a venda da intimidade, o por qué de que tanta xente mire estos programas e se este comportamente poderíanos levar ao extremo de crear algo semellante ao Show de Truman. 

O Show de Truman (parte 2)

Caracterización temática e filosófica 


O primeiro que cómpre destacar na caracterización temática da película é o gran significado filosófico que se agocha nela. O primeiro concepto que introduce é a desconfianza, o medo a estar observado que plasma George Orwell no seu libro 1984 co concepto do Gran Hermano. Outro concepto interesante é o de escepticismo que nos leva a plantearnos se o mundo no que vivimos é real, pregunta que pola miña conta, todos nos fixemos algunha vez. A idea do dualismo tamén ponse de manifesto na película recordándonos á alegoría da caverna de Platón ou á película Matrix

Plantexa a idea de: É Truman realmente libre? Truman é o obexcto dun experimento no que todo está planificado ao milímetro. Na película el afirma " Nunca has puesto una cámara en mi cerebro" pero a pesar disto, podemos dicir que Truman é si mesmo? Foron eles os que estableceron o seu comportamento en base aos condicionamentos mediante os seus medos? Sería o cáracter de Truman o mesmo de terse criado fóra do plató? 

Todas estas preguntas lévannos a conclusión, de que Truman non é un individuo libre e polo tanto non é "libre de abandonar cuando quiera" como di Cristof. Por outra parte, crea incógnitas difíciles e lonxe de responder por agora como a idea de que as empresas poidan adoptar bebés para utilizalos ao seu antollo, o cal escápase das mans no ámbito lexislativo e que polo menos, na nosa sociedade actual, non podemos comprender moi ben. 

Por último, outro aspecto importante, e que tratarei nunha entrada posterior, é a parte de responabilidade repartida entre: Cristof, o cal afirma que o mundo que creou para Truman é mellor co real (e polo tanto mellor para el, o que choca co dereito de Truman para decidir a súa vida) e que o programa que creou chea de esperanza e felicidade a millóns de persoas; a responsabilidade dos actores que actúan coma cómplices e sobre todo, o apartado que tratarei despois con maoir detalle, a parte de responsabilidade da audiencia.

O Show de Truman (parte 1)

O Show de Truman (unha vida en directo) é unha película estadounidense do ano 1998 protagonizada por Jim Carrey, dirixida por Peter Weir e guionizada por Andrex Niccol. A película foi nominada a tres óscars, ademais de gañar outros premios entre os que se inclúe os Globos de Oro a mellor actor (Jim Carrey), mellor actor de reparto (Ed Harris) e mellor banda sonora (Burkhard Dallwitz).

Valoración IMDb : 8 de 10 

A película cóntanos a historia de Truman Burbank, un home cunha a vida normal sen nada especial nun pequeno pobo, ou isto é o que lle fan creer. Sen embargo, a realidade é que todo é pura ficción: a súa familia, amigos e coñecidos son actores, o seu pobo é un plató de televisión e toda a súa vida está sendo filmada e emitada coma o reality máis prometedor e famoso de todos os tempos. O filme cóntanos a  vida apacible de Truman e como se percata de que todo é un engano. Por outra parte plantéxanos á vez unha manchea de cuestións éticas e morais. 

Persoalmente tiña moitas ganas de ver esta película pois escoitara moi boas críticas dela e sen dúbida, non me decepcionou. Ten unha boa realización, un argumento moi pero que moi imaxinativo, conta cunha magnífica banda sonora, nos achega á figura de Truman, marabillosamente interpretada por Jim Carrey, e da que seguro colleredes moito cariño; e en xeral, a película invítanos á reflexión, o que penso que se agradece se como eu ves cine non pola súa comercialidade senón tamén polo seu contido visual, temática social e demais cuestións filosóficas e moitas veces didácticas, que é o que fai deste xénero concibilo e aprecialo como un arte para disfrutar con ela. Recomendo encarecidamente que a vexades.

domingo, 10 de marzo de 2013

Procrastinar

Procrastinar, un verbo do cal pode que moitos non sepan o seu significado pero do que seguro que máis dun o realiza todolos días. Este verbo procede do latín pro ("adiante") e crastinare ("referente ao futuro"), polo tanto é a acción ou hábito de postergar actividades que deben ser atendidas por outras irrelevantes máis agradables. O que isto ven dicir é que cando temos que facer algo, un traballo por exemplo, adoitamos distraermos por mor doutras actividades banais que proporciónannos a excusa perfecta para non traballar, como comer, ver a televisión ou xogar no ordenador.


Sen ir máis lonxe, este verbo correspóndese co tópico de deixar todo para o último día, e isto é o que quere dicir, algo que todos facemos e, quen pode dicir que tras dúas semanas de vacacións non rematou facéndoo todo a víspera pola noite? Esta conducta pouco recomendable pero tremendamente extendida, adoita traer como consecuencia un traballo peor realizado, feito a correr e falta de horas de sono. Dígoo por propia experiencia, pois o exemplo máis claro e cercano de procrastinación é a data na que esta entrada tería que facela e aquí estou a día 10 de marzo facéndoa cun mes de retraso. O meu castigo: 


sábado, 2 de marzo de 2013

Visita ao MARCO

O pasado día 20 de decembro, a nosa clase fixo unha saída ao MARCO, o Museo de Arte Contemporánea de Vigo, que depende co Concello da nosa cidade e que polo tanto é completamente gratuíto, o que supón unha gran vantaxes para os amantes da arte coma eu.


A exposición que fomos visitar, e que permanecerá aberta ata o 31 de marzo, recibe o nome de A Balea Negra, pola cor que xa todos coñecemos do fuel e que asociamos a esta traxedia. O proxecto xorde como conmemoración do décimo aniversaio da apertura do Museo, que coincide coa data do afundimento do buque Prestige o 13 de novembro do 2002. A exposición recolle un feixe de material documental como prensa, fotografías, obxectos... ademais de obras de todo tipo onde atoparemos pintura, escultura, video, debuxo ou instalacións. Todas estas aportacións permítennos rememorar aqueles días convulsos na nosa historia e que fan desta data unha das máis recordadas por todos, sobre todo cunha gran incidencia aquí en Galicia, xa que non únicamente supuxo unha gran crise medioambiental senón que tamén foi ligada a unha crise política e unha gran controversia da opinión pública.

Ademais de recordarmos este sentimento do NUNCA MÁIS que uniu non tan só ao pobo galego, senón a moitos países de todo o mundo, a exposición tamén aborda outros temas como a explotación da natureza, o comercio martítimo, a globalización, a outra cara do progreso, os movementos sociais ou a guerra.

Nesta visita, coa axuda das guías puidemos entender o sentido da exposición e sentila máis de cerca. Dentro do museo, podemos atopar diversas obras de arte, pero persoalmente eu quero destacar algunhas:


Esta é a primeira obra que atopamos na entrada. Unha obra a primeira vista un tanto peculiar e que a primeira vez que a vin non a entendín moi ben, pero que cando te paras a observar, escoitar e sentir, a comprendes perfectamente, e que á fin e ao cabo, niso consiste o arte. A obra de Damián Ortega, recibe o nome de Movemento en falso (equilibrio e sostenibilidade económica). Esta escultura, polo menos ao meu parecer, reflicte a nosa dependencia do petróleo e a fraxilidade deste modelo.



A fotografía da esquerda tan só reflexa unha parte do que eu me quero referir. Do que falo é da cantidade de documentación que foi recollida para esta exposición e que outra vez reflicte a gran  repercusión mediática que tivo.





Este é un ensaio fotográfico de 200 imaxes que verdadeiramente impactoume moito pois mostra a outra cara do "progreso" e fainos reflexionar sobre o que moitas veces esquecemos e é que para que nos podamos ter todos os luxos dos que gozamos, e entendamos por luxo simplemente auga limpa, hai outra cara da moeda que o está pagando. O vídeo concretamente mostra a costa de Nixeria, onde atopouse petróleo, o que debería supor unha gran riqueza para a zona, pero unha vez máis a riqueza só pertence a uns poucos mentres que os demais soportan esta situación que na sociedade avanzada e igualitaria da que presumimos non debería ter cabida.


Este é un filme de 50 minutos chamado Lessons of Darkness e tamén pareceume realmente impactante. O video fala da presencia dos Estados Unidos en Oriente Medio pero aludindo á exposición. Deste xeito, amósanse impresionantes imaxes nas que vese como o exército iraquí incendiou os seus pozos de petróleo para que os estadounidenses non puidesen sacar partido deles e ocasionou outra situación de desastre natural pero que contrasta coa de Galicia, xa que está marcada pola avaricia e un descontrol político, que dalgunha forma nos deixan estas imaxes moito máis violentas.


Estas foron algunhas das obras das que quixen falar aquí pero houbo outras tantas que tamén gustáronme moito. Pareceume unha exposición verdadeiramente interesante e cargada de sentimento polo que recomendo a todo o mundo que vaia vela. Eu persoalmente, xa fun 3 veces e en cada unha das miñas visitas descubrín  un novo sentimento, un novo punto de vista, unha nova forma de entender toda esta historia e de sentila aínda máis se cabe. Aquí vos deixo o vídeo de introdución da exposición, un video impactante e espeluznante que espero vos guste e vos anime a visitala.