O Audiosurf, videoxogo proposto na clase, é un xogo independente, dinámico, creativo e innovador de tipo musical. No videoxogo o xogador ou xogadores teñen que recorrer uns carrís mentres vanse recollendo uns bloques de cores que proporciónanche os puntos e que van aparecendo acorde do ritmo da música. Está claro que foi moi innovador no seu momento e despois realizaronse innumerables copias pero penso que está moi ben e que a súa peculairedade fundamental é o feito de poder elixir as cancións dos teus cantantes favoritos ou mesmo as túas propias creacións para xogar e pasalo ben disfrutando deste acelerado e emocionante xogo e do pracer da música.
Respecto a historia dos videoxogos, cabe destacar algúns míticos que aínda que agora parezan esquecidos supuxeron un gran cambio, como poden ser: Space Invaders, Tetris, Super Mario Bross ou Pokémon.
Todos eles foron dos primeiros en aparecer e por iso, pódese dicir que foron moi novidosos e supoñen a verdadeira e pura creatividade, sen copias de ningún anterior. Desde estas oríxes, os videoxogos foron evolucionando ao igual cas consolas, das que agora podemos atopar de todos os tipos e modalidades, ademais de incorporar novos servizos multimedia, internet, tenda virtual ou servzo en líña. De aquí, veñen derivando outra cantidade de xogos que tamén foron innovadores no seu momento e xeralmente sagas que continuan e que probei foron: Lego Stars Wars, Prince of Persia, Call of Duty, Worl of Warcraft, GTA SAn Andreas, Fifa, Final Fantasy, Guitar Hero o Wii Sports. Agora non xogo tan a miúdo como o facía antes e por iso non teño xogado a novos xogos pero aínda así na rede pódense atopar algúns xogos independentes moi interesantes e gratuitos. Nitronic Rush é un deles que probei a semana pasada e que pareceume interesante. Este é un xogo de carreiras onde se combinan uns gráficos futuristas, xunto cun soundtrack bastante bó e un coche que ademais de correr, voa. A parte do seu contido, o máis interesante destes xogos, ao igual co audiosurfer é que pertencen a pequenos propietarios e moitos deles son gratuitos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario