The Blair Witch Project é unha película de terror psicolóxico estadounidense. Foi rodada en 1999 por Daniel Myrick e Eduardo Sánchez, dous estudantes de cine por aquel entonces. Narra a historia de tres xóvenes cineastas que desaparecen mentres filmaban un documental sobre a lenda local da bruxa de Blair. A película preséntase coma a cortometraxe recuperada das grabacións atopadas un ano despois da desaparición dos mozos.
Non cabe dúbida de que a película foi unha gran innovación no ámbito cinematográfico, xa que foi a primeira en utilizar este xeito de rodar. O filme tivo unha espectacular acollida entre os críticos e un gran recoñecemento por ser a primeira en empregar internet como medio para publicitarse a través da publicidade viral, que fúndase na explotación das redes sociais e outros medios electrónicos.
Outro aspecto destacable da película é a súa gran rentabilidade. O filme tivo un coste de produción de tan só 22.000 $ mentres que logrou recadar 248 millóns de euros a nivel mundial, o que supón un gran marxe de beneficios.
Persoalmente, a película gustoume. Como é obvio non é comparable a unha superprodución das actuais pero precisamente por eso, na miña opinión, merece a admiración este traballo, porque temos que apreciar os medios utilizados e a importancia que tivo no seu momento coa súa correspondente repercusión social. Na miña opinión a película, coma moitas outras, conta con algúns erros de produción e o comezo é moi estático, de xeito que pode facerse un pouco pesada, pero a medida que avanza o filme avanza vai collendo velocidade. O argumento é bo e ao longo da película vaise creando unha atmosfera de incertidume e medo que acompaña ata o final e fai dela, unha película puramente de terror.
No hay comentarios:
Publicar un comentario