Telecinco interpusera unha querella contra o bloguero por un suposto delito de ameazas e coaccións e polo cal Pablo Herreros, víase na obriga de declarar o pasado 4 de Decembro e enfrentarse ao que telecinco propuña como 3.7 millóns de indemnización e ata tres anos de cárcere pero finalmente, éste consegiu evitar o xulgado tras un acordo con telecinco, no que o bloguero recoñecía a liberdade dos anunciantes para xestionar as súas accións independentemente dos contidos dos medios de comunicación. A cadea de Telecinco viuse na obriga de retirar este programa ademais dos tamén polémicos Enemigos Íntimos e Resistiré. Jordi González agora presenta o novo espazo coñecido como El Gran Debate, o cal se atopa revestido de maior seriedade.
Opinión persoal
Non cabe dúbida de que este é un caso particular no que difieren as opinións. Respecto ao feito de que Telecinco entrevistara e pagara por elo, a nai do imputado na morte de Marta del Castillo, é unha cuestión ética e moral e hai que reparar en se nos parece correcto beneficiar económicamente a unha persoa que presuntamente tivo parte na morte desta moza. Evidentemente, os medios de comunicación son libres para entevistar e pagar a quen lles pareza, persoalmente penso que non é correcto que recibira un pago pola entrevista pero é moi complexo opinar sobre este tema. Por outra parte, considero que o bloguero é totalmente libre coma para publicar a súa opinión e facer ese chamamento aos anunciantes, polo que penso que foi totalmente inxusta a súa imputación, xa que a culpa de que telecinco perderá os anunciantes, non reside nel. Os publicistas das compañías que se anuncian na cadea deben ser o suficientemente independentes para decidir por si mesmos se lles convén anunciarse en dito canal.
Este caso, fainos pensar na liberdade da que supostamente gozamos e como ás veces, vése en perigo sempre por grandes e importantes organismos, como neste caso foi Telecinco, pero que periódicamente aparecen e ahí debemos de estar todos e cada un de nós, como cidadáns para non permitir que mengüen a nosa liberdade e dereitos que tanto costou acadar ao longo da historia.

No hay comentarios:
Publicar un comentario