Desde o comezo da industria do videoclip, este tivo unha grande importancia no ámbito do marketing da música. Así, os videoclips son unha gran fonte de orixinalidade, creatividade e experimentación. Os videos musicais adquiren a súa popularidade nos anos 1980, cando se crea a canle da MTV, a primeira canle de videos musicais as 24 horas. Tamén tiveron importancia ao longo da historia dos videoclips o lance do video Thriller de Michael Jackson, que marca unha antes e un despois na temática e realización dos videos musicais. Por último, o nacemento de Youtube en 2005, implicou un máis fácil e rápido acceso aos videos musicais, o que fai del un importante factor no desenvolvemento desta industria. Neste caso, eu escollín dous videoclips que me pareceron interesantes visualmente:
Un deles chámase I´ll go crazy if I don´t go crazy tonight, é a quinta canción do álbum U2 No line on the horizon, que lanzaron no ano 2009. O videoclip está dirixido por David O'Reilly e na miña opinión é interesante visualmente porque conta unha historia a través da letra e desta peculiar animación que transmite o sentimento melancólico e triste da canción.
Outro
dos videos que quero destacar é Take me on, do grupo noruego
de pop a-ha. O seu lanzamento oxirinal produciuse en 1984 en Europa dunha forma
sinxela, sen estar incluido en ningún álbum e logrando poucas vendas. O último
lanzamento produciuse en setembro de 1985, e foi acompañado dun video musical,
que fixo aumentar as vendas e a popularidade da banda. O video foi dirixido por
Steve Barron e incorpora unha animación debuxada a lapis xunto con imaxes
reais, unha técnica coñecida como rotoscopia, onde a imaxe real superponse,
cadro por cadro, coa finalidade de brindarlle movementos realistas aos
personaxes animados. En total, animáronse 3000 cadros, o cal tomou catro meses
en concretarse. Este video obtivo na cerimonia de entrega dos premios MTV Video
Music de 1986, seis garladóns nas categorías de «Mellor artista novo», «Mellor video
conceptual», «Video máis experimental», «Mellor direción», «Mellores efectos
especiais» e «Elección dos televidentes». O video recibiu ademais, moitas boas
críticas nas que se fala del coma un dos videos máis emblemáticos de todos os
tempos e unha obra maestra da animación. Eu escollino, porque gústame a
canción, pero basándome en todos estes datos que permiten entender un pouco
mellor a súa realización, podo afirmar que realmente é un video que supuso unha
gran innovación no seu momento e onde vése recollida a gran orixinalidade do
director.
No hay comentarios:
Publicar un comentario