lunes, 17 de diciembre de 2012

Podcasts

Os podcasts consisten na distribución de arquivos multimedia (como poden ser programas de radio)  mediante un sistema de redifusión (RSS) que permita subscribirse e usar un programa que o descarga de forma rápida e segura, para que cada usuario poida escoitalo no momento que queira. Aquí agrego un dos podcasts que pareceume interesante. Recolle os diversos episodios do club da comedia e os monológos de humoristas moi coñecidos. Do mesmo xeito, podemos atopar moitos outros sobre programas de radio, series de televisón e artistas coñecidos.


Existen unha gran cantidade de aplicacións para o noso teléfono móbil para xestionar os podcasts. Un deles e o máis coñecido é o Ivoox, onde se poden atopar podcasts sobre monólogos, programas de radio, audiolibros, conferencias e moito máis. Pero como alternativa a este programa podemos utilizar moitos outros. Un dos que eu atopei e pareceume interesante foi o doubleTwist Player, que ofrécenos servizos como a sincronización co noso PC ou Mac, e que ademais conta cun extenso catálogo de podcasts de distintos servizos multimedia e que que é gratis, o cal otórgalle unha gran vantaxe fronte a outros competidores.


Para descargar esta aplicación: http://doubletwist-music.softonic.com/android

Pero este é tan só un de todos os que existen e que podes escoller dependendo do grao de complexidade que che sexa necesario e dependendo tamén, como no do que estes disposto a pagar por el.
En calquera caso, os podcasts son un novo método moi fácil e cómodo de poder disfrutar dos contidos multimedia que máis che gustan cando e onde ti queiras.

domingo, 16 de diciembre de 2012

Videoxogos

O Audiosurf, videoxogo proposto na clase, é un xogo independente, dinámico, creativo e innovador de tipo musical. No videoxogo o xogador ou xogadores teñen que recorrer uns carrís mentres vanse recollendo uns bloques de cores que proporciónanche os puntos e que van aparecendo acorde do ritmo da música. Está claro que foi moi innovador no seu momento e despois realizaronse innumerables copias pero penso que está moi ben e que a súa peculairedade fundamental é o feito de poder elixir as cancións dos teus cantantes favoritos ou mesmo as túas propias creacións para xogar e pasalo ben disfrutando deste acelerado e emocionante xogo e do pracer da música.


Respecto a historia dos videoxogos, cabe destacar algúns míticos que aínda que agora parezan esquecidos supuxeron un gran cambio, como poden ser: Space Invaders, Tetris, Super Mario Bross ou Pokémon.
Todos eles foron dos primeiros en aparecer e por iso, pódese dicir que foron moi novidosos e supoñen a verdadeira e pura creatividade, sen copias de ningún anterior. Desde estas oríxes, os videoxogos foron evolucionando ao igual cas consolas, das que agora podemos atopar de todos os tipos e modalidades, ademais de incorporar novos servizos multimedia, internet, tenda virtual ou servzo en líña. De aquí, veñen derivando outra cantidade de xogos que tamén foron innovadores no seu momento e xeralmente sagas que continuan e que probei foron: Lego Stars WarsPrince of Persia, Call of Duty, Worl of Warcraft, GTA SAn Andreas, Fifa, Final Fantasy, Guitar Hero o Wii Sports. Agora non xogo tan a miúdo como o facía antes e por iso non teño xogado a novos xogos pero aínda así na rede pódense atopar algúns xogos independentes moi interesantes e gratuitos. Nitronic Rush é un deles que probei a semana pasada e que pareceume interesante. Este é un xogo de carreiras onde se combinan uns gráficos futuristas, xunto cun soundtrack bastante bó e un coche que ademais de correr, voa. A parte do seu contido, o máis interesante destes xogos, ao igual co audiosurfer é que pertencen a pequenos propietarios e moitos deles son gratuitos.

Entrevista audacity

Esta é a entrevista que tivemos que facer para a clase de tecnoloxía. No meu caso consiste en tres preguntas sobre o tema dos desahucios. A entrevista foi editada posteriormente co audacity, de xeito que o tono, o ritmo e outras propiedades da voz puideron ser modificadas. Grazas tecnoloxía, por crear ferramentas útiles para nós!

Videoclips ao longo da historia

Desde o comezo da industria do videoclip, este tivo unha grande importancia no ámbito do marketing da música. Así, os videoclips son unha gran fonte de orixinalidade, creatividade e experimentación. Os videos musicais adquiren a súa popularidade nos anos 1980, cando se crea a canle da MTV, a primeira canle de videos musicais as 24 horas. Tamén tiveron importancia ao longo da historia dos videoclips o lance do video Thriller de Michael Jackson, que marca unha antes e un despois na temática e realización dos videos musicais. Por último, o nacemento de Youtube en 2005, implicou un máis fácil e rápido acceso aos videos musicais, o que fai del un importante factor no desenvolvemento desta industria. Neste caso, eu escollín dous videoclips que me pareceron interesantes visualmente:
Un deles chámase I´ll go crazy if I don´t go crazy tonight, é a quinta canción do álbum U2 No line on the horizon, que lanzaron no ano 2009. O videoclip está dirixido por David O'Reilly e na miña opinión é interesante visualmente porque conta unha historia a través da letra e desta peculiar animación que transmite o sentimento melancólico e triste da canción.


Outro dos videos que quero destacar é Take me on, do grupo noruego de pop a-ha. O seu lanzamento oxirinal produciuse en 1984 en Europa dunha forma sinxela, sen estar incluido en ningún álbum e logrando poucas vendas. O último lanzamento produciuse en setembro de 1985, e foi acompañado dun video musical, que fixo aumentar as vendas e a popularidade da banda. O video foi dirixido por Steve Barron e incorpora unha animación debuxada a lapis xunto con imaxes reais, unha técnica coñecida como rotoscopia, onde a imaxe real superponse, cadro por cadro, coa finalidade de brindarlle movementos realistas aos personaxes animados. En total, animáronse 3000 cadros, o cal tomou catro meses en concretarse. Este video obtivo na cerimonia de entrega dos premios MTV Video Music de 1986, seis garladóns nas categorías de «Mellor artista novo», «Mellor video conceptual», «Video máis experimental», «Mellor direción», «Mellores efectos especiais» e «Elección dos televidentes». O video recibiu ademais, moitas boas críticas nas que se fala del coma un dos videos máis emblemáticos de todos os tempos e unha obra maestra da animación. Eu escollino, porque gústame a canción, pero basándome en todos estes datos que permiten entender un pouco mellor a súa realización, podo afirmar que realmente é un video que supuso unha gran innovación no seu momento e onde vése recollida a gran orixinalidade do director.




sábado, 15 de diciembre de 2012

Gráficas do formulario da educación

Nas seguintes gráficas móstrase o resultado do test da educación anteriormente publicado. A súa obtención é moito máis fácil e eficaz que hai uns anos, o que supón un gran avance para a simplificación de traballos como este. Os resultados obtidos son bastante homoxéneos en canto á idade obrigatoria de estudos mínimos, ás materias comúns do bacharalato, ás medidas que mellorarían a nosa educación e a valoración do noso sistema de educación actual.

viernes, 7 de diciembre de 2012

Telecinco e o blogueiro Pablo Herreros

Este polémico caso comezou fai un ano no plató da Noria, o día en que foi entrevistada a nai do Cuco, imputado pola morte de Marta del Castillo. A partir deste programa desatouse unha oleada de críticas encabezada polo perriodista Pablo Herreros, que promoviu unha campaña de desprestixio contra o programa chamando a través das redes sociais a todos os anunciantes da Noria para que retirasen a súa publicidade. Estos reaccionaron retirando todos os seus espazos publicitarios e deixando ao programa sen anunciantes. 
Telecinco interpusera unha querella contra o bloguero por un suposto delito de ameazas e coaccións e polo cal Pablo Herreros, víase na obriga de declarar o pasado 4 de Decembro e enfrentarse ao que telecinco propuña como 3.7 millóns de indemnización e ata tres anos de cárcere pero finalmente, éste consegiu evitar o xulgado tras un acordo con telecinco, no que o bloguero recoñecía a liberdade dos anunciantes para xestionar as súas accións independentemente dos contidos dos medios de comunicación. A cadea de Telecinco viuse na obriga de retirar este programa ademais dos tamén polémicos Enemigos Íntimos e Resistiré. Jordi González agora presenta o novo espazo coñecido como El Gran Debate, o cal se atopa revestido de maior seriedade.


Opinión persoal

Non cabe dúbida de que este é un caso particular no que difieren as opinións. Respecto ao feito de que Telecinco entrevistara e pagara por elo, a nai do imputado na morte de Marta del Castillo, é unha cuestión ética e moral e hai que reparar en se nos parece correcto beneficiar económicamente a unha persoa que presuntamente tivo parte na morte desta moza. Evidentemente, os medios de comunicación son libres para entevistar e pagar a quen lles pareza, persoalmente penso que non é correcto que recibira un pago pola entrevista pero é moi complexo opinar sobre este tema. Por outra parte, considero que o bloguero é totalmente libre coma para publicar a súa opinión e facer ese chamamento aos anunciantes, polo que penso que foi totalmente inxusta a súa imputación, xa que a culpa de que telecinco perderá os anunciantes, non reside nel. Os publicistas das compañías que se anuncian na cadea deben ser o suficientemente independentes para decidir por si mesmos se lles convén anunciarse en dito canal.
Este caso, fainos pensar na liberdade da que supostamente gozamos e como ás veces, vése en perigo sempre por grandes e importantes organismos, como neste caso foi Telecinco, pero que periódicamente aparecen e ahí debemos de estar todos e cada un de nós, como cidadáns para non permitir que mengüen a nosa liberdade e dereitos que tanto costou acadar ao longo da historia. 


jueves, 6 de diciembre de 2012

Película: O proxecto da bruxa de Blair

The Blair Witch Project é unha película de terror psicolóxico estadounidense. Foi rodada en 1999 por Daniel Myrick e Eduardo Sánchez, dous estudantes de cine por aquel entonces. Narra a historia de tres xóvenes cineastas que desaparecen mentres filmaban un documental sobre a lenda local da bruxa de Blair. A película preséntase coma a cortometraxe recuperada das grabacións atopadas un ano despois da desaparición dos mozos. 
Non cabe dúbida de que a película foi unha gran innovación no ámbito cinematográfico, xa que foi a primeira en utilizar este xeito de rodar. O filme tivo unha espectacular acollida entre os críticos e un gran recoñecemento por ser a primeira en empregar internet como medio para publicitarse a través da publicidade viral, que fúndase na explotación das redes sociais e outros medios electrónicos. 
Outro aspecto destacable da película é a súa gran rentabilidade. O filme tivo un coste de produción de tan só 22.000 $ mentres que logrou recadar 248 millóns de euros a nivel mundial, o que supón un gran marxe de beneficios.
Persoalmente, a película gustoume. Como é obvio non é comparable a unha superprodución das actuais pero precisamente por eso, na miña opinión, merece a admiración este traballo, porque temos que apreciar os medios utilizados e a importancia que tivo no seu momento coa súa correspondente repercusión social. Na miña opinión a película, coma moitas outras, conta con algúns erros de produción e o comezo é moi estático, de xeito que pode facerse un pouco pesada, pero a medida que avanza o filme avanza vai collendo velocidade. O argumento é bo e ao longo da película vaise creando unha atmosfera de incertidume e medo que acompaña ata o final e fai dela, unha película puramente de terror.