martes, 18 de junio de 2013

V de Vendetta

V de Vendetta é unha adaptación ao cine da novela gráfica V for Vendetta escrita por Alan Moore e ilustrada por David Lloyd.


Título orxinal:    V For Vendetta

Duración:    132 min.

País:    Estados Unidos

Director:    James McTeigue

Guión:    Andy Wachowski & Larry Wachowski (Cómic: Alan Moore)

Música:    Dario Marianelli

Actores principais:    Natalie Portman, Hugo Weaving

Produtora:    Warner Bros. Pictures / Vertigo DC Comics / Silver Pictures

Xénero:    Ciencia ficción | Cómic. Política

Web Oficial:    http://www.vforvendetta.com

Sinopse: A película plantexa unha distopía na que Inglaterra é gobernada por un réxime fascista e ultraconservador. Un home agochado baixo a máscara de Guy Fawkes (un dos conspiradores que pretendeu derribar o Parlamento inglés na Conspiración da Pólvora) e que se fai chamar V será o encargado de levar a cabo unha serie de accións coas que pretende devolverlle a liberdade ao pobo facendo estalar unha revolución contra o goberno fascista. 

É a terceira vez que vexo a película e segue parecéndome magnífica. Se cabe, ás veces con ideas un tanto confusas pero que logo cada un persoalmente pode desenrolar e iso é o bó, que déixache a porta aberta para que ti  saques as túas propias conclusións. Isto podemos velo por exemplo ca similitude entre un terrorista e un liberal ou revolucionario, neste caso encarnado por V pero cuxas figuras van unidas en moitas ocasións.
Á marxe de que sexa unha película de ciencia ficción danos unha idea de como é un réxime fascista. Gústanme as ideas relacionadas ca liberdade que plantexa e como as explica, estou desexando ler o cómic. 

Os piares básicos de calquera sociedade democrática son os revolucionarios ideais de liberdade, igualdade e fraternidade. Un dos aquí tratados é a liberdade dos cidadáns controlados polo Goberno e a influencia dos medios de comunicación. 

Moita xente estaría disposta a renunciar a súa liberdade en prol da súa seguridade. Isto acontece ás veces en épocas de crise nas que a nación está en perigo, por exemplo tras unha serie de atentados, situación que gobernos e empresas empregan como excusa e preséntanse como a única salvación para o país. Pero no suposto dun modelo de goberno deste tipo, a pesar de que o pobo gozaría dunha maior seguridade, perdería moitos dos seus dereitos. 

O papel dos medios de comunicación neste sentido ten gran importancia. Eles son os encargados de informar aos cidadáns das noticias do mundo, de denunciar as inxustizas... e facelo sempre dende unha perspectiva obxectiva. Na película podemos ver como a única canle de televisión está desinada polo líder, pensada para estar en todo momento, en cada fogar e baixo calquera circunstancia. O que reflexa isto é que o mellor modo de chegar aos fogares é mediante os medios de comunicación xa que preséntase como a voz da verdade. Unha voz que pode ser manipulada e que conleva a perda de confianza nos medios, algo que actualmente está pasar co tema dos políticos e diferentes escándalos e que contribúen a perda de confianza nos medios o cal non os beneficia a eles nin aos propios usuarios.

Todas estas ideas están expresadas na película e axúdanos a comprender unha sociedade na que o Goberno ten o poder absoluto sobre a pobo e os medios de comunicación están manipulados, unha sociedade indisexable. Aconsello vela a todo o mundo.








No hay comentarios:

Publicar un comentario