O retoque fotográfico é unha técnica que permite modificar imaxes e obter versións distintas da orixinal, totalmente modificadas.
A pesar de que antes non se contaba coa posibilidade de retocar as imaxes dixitalmente, aos fotógrafos non lles faltou inxenio para utilizar outras técnicas que lles permitiran modificar fotografías. Esta práctica levábase a cabo especialmente en países con rexímenes totalitarios que nos deixas exemplos coma estos:
Nesta imaxe borrouse a imaxe de Trotski, despois de ser acusado de violar a disciplina do partido, ser destituido e expulsado da URSS.
Na imaxe da dereita, vemos a Franco en Hendaya nun encontro con Hitler. A diferenza é que na segunda ten os ollos abertos e na fotografía orixinal tiñaos pechados.
O destacable destes exemplos non é a técnica empregada, aínda que tamén, senón da controversia que conleva e o uso que se fai dela. Simplemente con entrar na wikipedia pódese ver do que estou a falar:
Efectivamente o retoque ten moitas vantaxes pero cómpre facer algunhas anotacións.
O primeiro que deberíamos facer é diferenciar entre publicidade e medios de comunicación.
- No referente a publicidade, se podería dicir que non o vexo de todo mal. Á fin e o cabo, a misión dos publicistas é vender e non paréceme mal o uso de imaxes retocadas sempre e cando sexamos informados deste. Cando a sociedade esté completamente concienciada do emprego de imaxes retocadas e se acostume a elas non debería haber maior problema, xa que sendo consciente do que te están amosar, ti es responsable do que despois fagas sabendo que a imaxe que ves non é real pero o producto si e basándote nisto, decidir se o mercas ou non. Aínda así non é un tema e do que hai bastante polémica. Aquí adxunto un exemplo do que podería ser unha imaxe retocada con fins publicitarios e o enlace dunha noticia sobre un problema ca publicidade e os retoques.
- No referente aos medios de comunicación debería deixar de chamarse retoque e chamalo manipulación. Unha das bases de calquera sistema democrático é a independencia dos medios de comunicación, é dicir, non deben estar suxeitos a calquera ideoloxía e deben ser completamente libres. Unha loita que se perseguiu moitos anos para poder gozar dunha información veraz e de calidade, e que polo que a min respecta debería seguir sendo así. Unha cousa é falar de publicidade e outra de información, da realidade, no que non cabe distorsión posible. Aquí un exemplo desta manipulación, na que o periódico La Prensa, de Honduras decidiu eliminar o sangue dun ferido pola, pola simpatía entre o diario e o Goberno hondureño. Tamén adxunto outro enlace con algúns exemplos de manipulación na prensa.
Tan só engadir que esta é a miña opinión, pero que o tema está aberto a debate e que non é fácil opinar respecto a el, xa que entran en xogo demasiadas variables. En calquera caso cómpre falar do tema para intentar alcanzar o punto en que todos estemos satisfeitos: deixando traballar aos publicistas pero sen publicidade engañosa e disfrutando dunha información real e de calidade.



No hay comentarios:
Publicar un comentario