domingo, 16 de junio de 2013

Novas redes sociais


Ao igual que cando escoitamos sistema operativo adoitamos pensar en windows, cas redes sociais pasa o mesmo e pensamos en twitter ou facebook. Pero o certo é que existen unha chea de redes sociais interesantes e especializadas como as seguintes. 

Pinterest: é unha rede social na que os usuarios poden compartir as súas imaxes, permitindo organizalas en coleccións temáticas por taboeiros. Nestos espazos personalizados, podes ter as túas imaxes ademais das que podes "re-pinear" ou darlle a me gusta e engadilas así, as túas coleccións. 

O obxectivo principal de Pinterest é conectar a persoas con intereses comúns e que así poidan compartir as súas imaxes e ideas. Paréceme moi interesante neste sentido xa  que sempre atopas algo novo para probar e algo que xa coñeces e do que te decatas que alguén máis coñece. 

Esta é unha rede bastante nova pero que está tendo moi boa acollida e que está experimentando unha gran entrada de novos usuarios que buscan outras alternativas as clásicas redes. 




Linkedin: Esta é unha rede dun carácter moito máis serio xa que está enfocada ao mundo laboral. Lanzada en maio de 2003 non é tan nova coma a anterior, e se cabe tampouco é tan popular pero ofrece grandes posibilidades respecto o mundo de negocios. 

Nesta web, creas o teu perfil que é coma unha carta de presentación, un curriculum no que podes incluir os teus estudos, experiencia, idiomas... Podes crear grupos e invitar os teus coñecidos, o que xunto co teu perfil permitirache acceder a posibles ofertas de emprego, estar en contacto con persoas do teu sector, indicar en qué estas interesado, etc. 

Esta é por tanto, unha páxina interesante e útil, en especial nos tempos que corren, e que plantexa unha nova forma de atopar traballo e magnifica as posibilidades no mercado laboral. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario