martes, 18 de junio de 2013

V de Vendetta

V de Vendetta é unha adaptación ao cine da novela gráfica V for Vendetta escrita por Alan Moore e ilustrada por David Lloyd.


Título orxinal:    V For Vendetta

Duración:    132 min.

País:    Estados Unidos

Director:    James McTeigue

Guión:    Andy Wachowski & Larry Wachowski (Cómic: Alan Moore)

Música:    Dario Marianelli

Actores principais:    Natalie Portman, Hugo Weaving

Produtora:    Warner Bros. Pictures / Vertigo DC Comics / Silver Pictures

Xénero:    Ciencia ficción | Cómic. Política

Web Oficial:    http://www.vforvendetta.com

Sinopse: A película plantexa unha distopía na que Inglaterra é gobernada por un réxime fascista e ultraconservador. Un home agochado baixo a máscara de Guy Fawkes (un dos conspiradores que pretendeu derribar o Parlamento inglés na Conspiración da Pólvora) e que se fai chamar V será o encargado de levar a cabo unha serie de accións coas que pretende devolverlle a liberdade ao pobo facendo estalar unha revolución contra o goberno fascista. 

É a terceira vez que vexo a película e segue parecéndome magnífica. Se cabe, ás veces con ideas un tanto confusas pero que logo cada un persoalmente pode desenrolar e iso é o bó, que déixache a porta aberta para que ti  saques as túas propias conclusións. Isto podemos velo por exemplo ca similitude entre un terrorista e un liberal ou revolucionario, neste caso encarnado por V pero cuxas figuras van unidas en moitas ocasións.
Á marxe de que sexa unha película de ciencia ficción danos unha idea de como é un réxime fascista. Gústanme as ideas relacionadas ca liberdade que plantexa e como as explica, estou desexando ler o cómic. 

Os piares básicos de calquera sociedade democrática son os revolucionarios ideais de liberdade, igualdade e fraternidade. Un dos aquí tratados é a liberdade dos cidadáns controlados polo Goberno e a influencia dos medios de comunicación. 

Moita xente estaría disposta a renunciar a súa liberdade en prol da súa seguridade. Isto acontece ás veces en épocas de crise nas que a nación está en perigo, por exemplo tras unha serie de atentados, situación que gobernos e empresas empregan como excusa e preséntanse como a única salvación para o país. Pero no suposto dun modelo de goberno deste tipo, a pesar de que o pobo gozaría dunha maior seguridade, perdería moitos dos seus dereitos. 

O papel dos medios de comunicación neste sentido ten gran importancia. Eles son os encargados de informar aos cidadáns das noticias do mundo, de denunciar as inxustizas... e facelo sempre dende unha perspectiva obxectiva. Na película podemos ver como a única canle de televisión está desinada polo líder, pensada para estar en todo momento, en cada fogar e baixo calquera circunstancia. O que reflexa isto é que o mellor modo de chegar aos fogares é mediante os medios de comunicación xa que preséntase como a voz da verdade. Unha voz que pode ser manipulada e que conleva a perda de confianza nos medios, algo que actualmente está pasar co tema dos políticos e diferentes escándalos e que contribúen a perda de confianza nos medios o cal non os beneficia a eles nin aos propios usuarios.

Todas estas ideas están expresadas na película e axúdanos a comprender unha sociedade na que o Goberno ten o poder absoluto sobre a pobo e os medios de comunicación están manipulados, unha sociedade indisexable. Aconsello vela a todo o mundo.








lunes, 17 de junio de 2013

Spam e estafas en internet

Chamamos spam ás mensaxes non solicitadas, non desexadas ou de remitente descoñecido, polo xeral de carácter publicitario e que perxudican ao receptor. 
Os spammers son individuos ou empresas cuxa función é enviar este correo non desexado. O primeiro que deben facer para levar a cabo a súa actividade é conseguir largas listas de mails. Algunhas das principais fontes onde obter correos son: 

  1. Sitios web nos que figura a dirección do creador e a dos seus visitantes.
  2. Cadeas de mensaxes (estreitamente relacionadas cos bulos) que os usuarios adoitan reenviar sen ocultar a súa dirección. 
  3. Páxinas nas que se solicite o teu correo para obter algún tipo de servizo ou descarga.
  4. Entrada ilegal en servidores.
  5. Por ensaio e error: xéranse direccións e compróbase se a mensaxe chegou.

Unha vez que teñen estas listas, o seu traballo é bastante doado, xa que utilizan programas que envían a mesma mensaxe a todas as persoas das listase que perxudica ao receptor. 




Aquí amosamos algúns exemplos de estafas en internet

  • A estafa nixeriana: Consiste en ilusionar á vítima con moito diñeiro, que realmente non existe. Á vítima se lle persuade para que pague unha suma de diñeiro por adelantado como condición para acceder á fortuna. Isto o conseguen facéndose pasar por alguén que se atopa nunha situación comprometida e delicada e que ten moito diñeiro no banco pero que non pode retirar por X motivo, de forma que solicita a axuda da vítima para poder sacar o diñeiro prometéndolle un porcentaxe da riqueza. 



  • Os anuncios de cans: esta estafa consiste en ofertar animais de compañía coma perros, gatos ou algo con gancho, a  baixo coste ou incluso regalados, tendo que abonar previamente o importe dalgún gasto como por exemplo o trasnporte. 


  • scrammer rusa: neste caso a estafa esta posta en boca dunha muller rusa que agocha o rostro dos estafadores. Encarnados no papel de muller finxen interesarse por un home ao que lle pide axuda e diñeiro para poder saír do país e ir con el a vivir xuntos e ser felices. A xente segue picando e as vítimas poden chegar a perder miles de euros.




  • phising: consiste na suplantación da imaxe dunha empresa ou entidade públicas, coñecidas e fiables co obxectivo de obter datos, claves, números de contas de crédito, etc. O malo deste tipo de estafa é que pensamos que nos atopamos ante o organismo oficial cando non é así. 



Que responsabilidade ten o usuario estafado nestas estafas?

Os usuarios, primeiramente teríamos que estar ben informados e de ser o caso que nos sucedese algo así primeiro ir a web, buscar e comparar xa que é posible estar ante un tipo de estafa xa coñecida. Esto debería ser o primeiro que hai que facer e o que ás veces non se fai por vagancia.
Por outra parte, no caso de que caerás na estafa, e entendendóo sempre dende o punto de vista da persoa afectada que pode sentirse avergoñada, o máis recomendable é denuncialo, para así poder evitar que o caso se repita en máis usuarios.
Deste xeito, ao meu parecer nada máis que engadir, obviamente a culpa non é dos usuarios pero si temos responsabilidade e nas nosas mans está a posibilidade de frealo.

Bulo ou hoax

Un bulo (hoax en inglés) ou noticia falsa, é un intento de facer creer a un grupo de persoas que algo falso é real. Utilízase moito no ámbito de internet para designar os mensaxes deste tipo que moitas persoas reenvían aos seus contactos pensando que son certos.
A finalidade dos bulos é captar direccións de correo electrónico para enviar correo masivo, virus, máis bulos, malware, etc.

As características básicas dos bulos son:

  • Adoitan ser anónimos, non citan fontes ou fontes imprecisas cuxa autenticidade pódese comprobar. 
  • Non están firmados para evitar repercusións legais. 
  • Carecen de data de publicación e están escritos de xeito atemporal para que permanezan máis tempo na rede. 
  • Escritos en castelán neutro para a súa maior difusión e están mal redactados.
  • Teñen un gancho para captar a atención: escándalos, inxusticias, interés monetario, de medo, referentes a salud, cadeas de sorte, lendas urbanas... O que ás veces leva a envialos "por si acaso".
  • Conteñen unha petición de reenvío, co pretexto de evitar a mala sorte, para concienciar a outros, para que máis xente axude, etc. 



Algún dos exemplos máis recentes de bulos son:

  1. Exemplo de Whatsapp no que se alerta sobre que pronto será de pago e que se reenvías a mensaxe a un certo número de contacto podes librarte. Completamente falso, un bulo típico cuxo gancho o motiva un incentivo económico e que provoca esta cadea de mensaxes.
  2. Exemplo do teléfono móbil no que recibes unha chamada telefónica e en vez de ver o número do   que realiza aparece a palabra desconocido. Ao aceptar ou rechazar a chamada, dita persoa terá aceso a túa SIM, poderá duplicala e chamar dende a cárcel. Obviamente, falso tamén. 

Que facer no caso de recibir un bulo?

Se nos chegase algún mensaxe deste tipo o mellor e ignoralo ou borralo canto antes, e se cabe, avisar a persoa que cho reenviou sobre os perigos que conleva.
De todos xeitos, pode darse o caso de que estemos ante un bulo pero non o teñamos moi claro. En dito caso, o mellor é escribir no buscador "hoax" seguido do asunto do bulo e nas páxinas atopadas atoparemos ou non argumentos e pistas que nos dirán se nos atopamos ante un bulo ou se realmente é unha mensaxe verdadeira.

Licencias Creative Commons

Creative Commons é unha corporación sen ánimo de lucro que ofrece aos autores a posibilidade de que as súas obras non queden automáticamente baixo a proteción de copia senón que permite regularlos, mediante unha serie de licencias:

by.large_petit
Recoñecemento (Attribution, BY): En calquera explotación da obra autorizada pola licencia  será  necesario recoñecer a autoría.
nc-eu.large_petit
Non Comercial (Non commercial, NC): A explotación da obra queda limitada a usos non comerciais.
nd.large_petit
Sen obras derivadas (No Derivate Works, ND): A autorización para explotar a obra no inclúe a transformación para crear unha obra derivada.
sa.large_petit
Compartir Igual (Share alike, SA): A explotación autorizada inclúe a creación de obras derivadas sempre que manteñan a mesma licencia ao ser divulgadas.

Estas licencias poden combinarse entre sí para crear a que se adapte ao teu criterio. Non están en contra do copyright, tan só pretenden dar a opción aos creadores de decidir a qué licencia están suxeitas as súas obras e por tanto ceder algúns dereitos, mantendo ou non outras condicións, a opción de ‘Algúns dereitos reservados’ ou incluso ‘Sen dereitos reservados’.

O máis importante aquí é non confundir conceptos. Os dereitos de autor son algo moi positivo, certo é que antes da aparición das patentes, auténticos xenios como Da Vinci pasaron desapercibidos para a sociedade da súa época porque daquela, o seu traballo non tiña recoñecemento ou algún tipo de compensación. 

Deste xeito, a protección da propiedade intelectual preséntase coma promoción do progreso da ciencia e das artes, e así é. Pero tan só é un dos camiños que poden seguirse para promover as ciencias e o arte, xa que os autores de obras e descubrementos teñen o dereito a decidir se queren que o seu traballo sexa privado ou compartilo cos demais gratuitamente.

A primeira vista pode parecernos algo que careza de importancia porque todos rematamos por saltar as licencias do copyright pero a cousa varía cando saímos de España ou cando estamos a falar da patente dun medicamento que poida salvar milleiros de vidas e ao que moitos non teñen aceso polo seu elevado coste que non se correponde co seu valor real senón coa patente que o acompaña. 

O caso anterior, quizais máis chamativo, é o mesmo ca o das películas ou a música pero con distinto impacto. Dicir unicamente, que paréceme unha alternativa moi creativa e outro camiño máis, o que non significa que sexa o único ou o que hai que seguir pero si velo coma unha opción e abrir a nosa mente a un concepto de propiedade distinto. Poño un vídeo sobre Creative Commons e o enlace a súa páxina.



Para máis info: Creative Commons

Cando baixo unha peli por internet, ou a vexo en páxinas tipo pelisyonkis, estou infrinxindo a lei?

A lei permite descargar películas por internet sempre e cando sexa sen ánimo de lucro e perxuicios a terceiros.


A antiga lei era moito máis fexible pero ca reforma e a nova li SINDE, nos atopamos ante esta situación na que sería delito se se actúa con ánimo de lucro ou en perxuizo dun terceiro. De todas formas tampouco ten demasiado efecto porque dado o caso de que haxa un dano patrimonial intentaríase chegar a un acordo ca Comisión de Propiedade Intelectual do MInisterio de Cultura, recibirías un aviso e como última opción serías levado a xuízo.


En calquera caso, en relación co tema que falábamos antes, as compañías cinematográficas, discográficas e demais están a darse conta de que o sistema actual non funciona moi ben e que a xente seguirá saltándose as licencias, sendo as webs que facilitan esta información as que obteñen beneficios grazas á publicidade, motivo polo cal ao mellor deberían pensar cara onde enfocar os seus negocios para que a xente disfrute das súas obras pero sen que os artistas deixen de obter un beneficio polo seu magnífico traballo. 




O retoque fotográfico

O retoque fotográfico é unha técnica que permite modificar imaxes e obter versións distintas da orixinal, totalmente modificadas. 
A pesar de que antes non se contaba coa posibilidade de retocar as imaxes dixitalmente, aos fotógrafos non lles faltou inxenio para utilizar outras técnicas que lles permitiran modificar fotografías. Esta práctica levábase a cabo especialmente en países con rexímenes totalitarios que nos deixas exemplos coma estos:


Nesta imaxe borrouse a imaxe de Trotski, despois de ser acusado de violar a disciplina do partido, ser destituido e expulsado da URSS.




Na imaxe da dereita, vemos a Franco en Hendaya nun encontro con Hitler. A diferenza é que na segunda ten os ollos abertos e na fotografía orixinal tiñaos pechados.






O destacable destes exemplos non é a técnica empregada, aínda que tamén, senón da controversia que conleva e o uso que se fai dela. Simplemente con entrar na wikipedia pódese ver do que estou a falar: 



Efectivamente o retoque ten moitas vantaxes pero cómpre facer algunhas anotacións. 
O primeiro que deberíamos facer é diferenciar entre publicidade e medios de comunicación. 
  • No referente a publicidade, se podería dicir que non o vexo de todo mal. Á fin e o cabo, a misión dos publicistas é vender e non paréceme mal o uso de imaxes retocadas sempre e cando sexamos informados deste. Cando a sociedade esté completamente concienciada do emprego de imaxes retocadas e se acostume a elas non debería haber maior problema, xa que sendo consciente do que te están amosar, ti es responsable do que despois fagas sabendo que a imaxe que ves non é real pero o producto si e basándote nisto, decidir se o mercas ou non. Aínda así non é un tema e do que hai bastante polémica. Aquí adxunto un exemplo do que podería ser unha imaxe retocada con fins publicitarios e o enlace dunha noticia sobre un problema ca publicidade e os retoques.





  • No referente aos medios de comunicación debería deixar de chamarse retoque e chamalo manipulación. Unha das bases de calquera sistema democrático é a independencia dos medios de comunicación, é dicir, non deben estar suxeitos a calquera ideoloxía e deben ser completamente libres. Unha loita que se perseguiu moitos anos para poder gozar dunha información veraz e de calidade, e que polo que a min respecta debería seguir sendo así. Unha cousa é falar de publicidade e outra de información, da realidade, no que non cabe distorsión posible. Aquí un exemplo desta manipulación, na que o periódico La Prensa, de Honduras decidiu eliminar o sangue dun ferido pola, pola simpatía entre o diario e o Goberno hondureño. Tamén adxunto outro enlace con algúns exemplos de manipulación na prensa. 


Tan só engadir que esta é a miña opinión, pero que o tema está aberto a debate e que non é fácil opinar respecto a el, xa que entran en xogo demasiadas variables. En calquera caso cómpre falar do tema para intentar alcanzar o punto en que todos estemos satisfeitos: deixando traballar aos publicistas pero sen publicidade engañosa e disfrutando dunha información real e de calidade. 

domingo, 16 de junio de 2013

Novas redes sociais


Ao igual que cando escoitamos sistema operativo adoitamos pensar en windows, cas redes sociais pasa o mesmo e pensamos en twitter ou facebook. Pero o certo é que existen unha chea de redes sociais interesantes e especializadas como as seguintes. 

Pinterest: é unha rede social na que os usuarios poden compartir as súas imaxes, permitindo organizalas en coleccións temáticas por taboeiros. Nestos espazos personalizados, podes ter as túas imaxes ademais das que podes "re-pinear" ou darlle a me gusta e engadilas así, as túas coleccións. 

O obxectivo principal de Pinterest é conectar a persoas con intereses comúns e que así poidan compartir as súas imaxes e ideas. Paréceme moi interesante neste sentido xa  que sempre atopas algo novo para probar e algo que xa coñeces e do que te decatas que alguén máis coñece. 

Esta é unha rede bastante nova pero que está tendo moi boa acollida e que está experimentando unha gran entrada de novos usuarios que buscan outras alternativas as clásicas redes. 




Linkedin: Esta é unha rede dun carácter moito máis serio xa que está enfocada ao mundo laboral. Lanzada en maio de 2003 non é tan nova coma a anterior, e se cabe tampouco é tan popular pero ofrece grandes posibilidades respecto o mundo de negocios. 

Nesta web, creas o teu perfil que é coma unha carta de presentación, un curriculum no que podes incluir os teus estudos, experiencia, idiomas... Podes crear grupos e invitar os teus coñecidos, o que xunto co teu perfil permitirache acceder a posibles ofertas de emprego, estar en contacto con persoas do teu sector, indicar en qué estas interesado, etc. 

Esta é por tanto, unha páxina interesante e útil, en especial nos tempos que corren, e que plantexa unha nova forma de atopar traballo e magnifica as posibilidades no mercado laboral. 


O Besbello Saltón


O Besbello Saltón é o nome da revista que se publica no noso instituto. Todos os anos faise un concurso ao que se presentan distintos alumnos cos seus deseños e elíxese un gañador que ten o privilexio de que o seu debuxo ocupe a portada da revista. Tradicionalmente o debuxo realízase a man pero dada a importancia das novas tecnoloxías na sociedade, este ano decidiuse que tamén se podería participar, noutra categoría, cun deseño a ordenador. Aquí deixo o meu deseño, a ver se hai sorte.