Un sondeo da Generalitat prognostica a maioría absoluta para CiU mentres que o CIS négao
Dende a gran manifestación na Diada de Cataluña, diversas opinións, entrevistas e noticias véñense sucedendo, dando a coñecer os distintintos puntos de inflexión sobre o independentismo da Comunidade de Cataluña e a posibilidade dun referéndum para que os cataláns podan decidir sobre o seu futuro político.
Despois de que a UE afirmase que unha Cataluña independente permanecería fóra da mesma, o actual presidente da Generalitat e candidato de CiU á relección expuso que é partidario de facer a consulta de todos os xeitos. Esta foi a afirmación de Artur Mas esta mañá no almorzo de Fórum Europa: «Si llegáramos a la certeza de que Cataluña quedara fuera de la UE, habría que hacer una reflexión para ver si hacemos o no la consulta, pero yo sería partidario de hacerla en cualquier caso».
Paralelamente, publícanse varios sondeos sobre as vindeiras eleccións do 25-N. Segundo o sondeo do Centro de Opinión da Generalitat, Ciu obtería a maioría absoluta con entre 69 e 71 escaños, a segunda forza sería o Partido Popular, con entre 18 e 19 deputados, e seguido do PSC con 15 escaños, moi cerca de Esquerra Republicana de Catalunya, con 14. Por outra parte, o sondeo feito polo Centro de Investigaciones Sociológica (CIS), indica que Ciu non acadaría a maioría absoluta senón que obtería entre 63 e 65 deputados, seguido por 19 do PSC, 17 do ERC, entre 16 e 17 escaños para o PP, 11 para ICV, 7 para Ciudadanos (C's) e un para SI.
Por agora, non podemos asegurar o que acontecerá nas vindeiras eleccións autonómicas do 25 de novembro, mais só cómpre agardar unhas semanas para coñecer o resultado final.O que sí que parece seguro, é que CiU adiántase no número de escaños aos demais partidos e que Artur Mas está decidido a facer unha consulta de autodeterminación para decidir sobre o futuro de Cataluña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario